Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación industrial de produción de materias primas circulares de Valogreene Recinor, S.L., no concello das Somozas (expediente 2022-IPPC-I-96).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e consonte o indicado no artigo 44.2 da dita lei, faise público que por espazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

«Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental de instalación industrial de produción de materias primas circulares no término municipal das Somozas».

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sustentabilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2022-IPPC-I-96.

Peticionaria: Valogreene Recinor, S.L.

CIF: B67736355.

Enderezo social: estrada Catabois, s/n, Ferrol (A Coruña).

Localización da instalación: polígono industrial As Somozas, parcela H, As Somozas (A Coruña).

Actividade: valorización de residuos mediante pirólise e produción de materias primas circulares.

Epígrafe de actividade (autorización ambiental integrada): anexo I, 4.1.a) e 4.1.b).

Descrición: o proxecto consiste nunha planta de valorización material das fraccións de rexeitamento orixinadas en instalacións de tratamento de residuos, co obxectivo de obter, a través dun proceso de pirólise, cru pirolítico (que poderá ser reintroducido na cadea produtiva como materia prima secundaria para a obtención de hidrocarburos), char (corrente sólida aproveitable na industria pesada) e fraccións pirolíticas denominadas vinagre piroxénico.

A capacidade de produción da instalación é de 40.000 t/ano.

As verteduras que se xerarán na instalación correspóndense con:

– Augas residuais sanitarias procedentes de aseos da instalación, que se recollerán na rede de saneamento de residuais con destino ao colector municipal.

– Augas pluviais: canalizaranse nunha rede separada da de augas residuais, con conexión á rede municipal de pluviais logo de pasar por un separador de hidrocarburos.

Non existirán verteduras procedentes do proceso produtivo. As posibles augas industriais que se poderán xerar no almacenamento dos residuos e operacións de limpeza serán recollidas nun circuíto pechado de canles de recollida con envío final a un depósito de almacenamento para bombeo aos secadoiros.