Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2022/230-1).

Expediente: IN407A 2022/230-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS pechamento Cabo de Cruz-2ª fase.

Concello: Boiro.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (pechamento e desmantelamento) do CT tipo intemperie Fonte do Mouro (expedientes 30.988 e IN407A 2016/1355-1/matrícula 15AAI5) de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, instalado no apoio nº 61-5-CT de formigón sito no lugar de Fonte do Mouro.

– Desconexión e desmontaxe da LMT aérea a 20 kV rexistrada no expediente IN407A 2016/2129-1, de alimentación ao CT Fonte do Mouro, de 273 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio nº 61 (matrícula 90G10CBR) de formigón tipo HVH-2500/15 da LMT BOI-802 e remate no apoio nº 61-5-CT de formigón en que se atopa emprazado o CT Fonte do Mouro. Esta operación implica a retirada dos apoios nº 61-1, nº 61-2, nº 61-3, nº 61-4 e nº 61-5-CT.

– Desconexión e desmontaxe da liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.089 metros de lonxitude en condutor tipo RHV 12/20 kV 3(1×95 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado no apoio nº 61-5-CT de formigón en que se atopa instalado o CT Fonte do Mouro e remate en cela de liña do CS Angazos (matrícula 15CIM4) sito na rúa Angazos.

– En substitución do CT Fonte do Mouro, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas (unha de reserva) e equipamento de telecontrol e telexestión, para instalar na parcela con referencia catastral 0683502NH1108S0001PG sita no lugar de Fonte do Mouro (termo municipal de Boiro).

– Coa finalidade de darlle continuidade á LMT BOI-802, proxéctase a instalación dun centro de seccionamento prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 3L e dotado de equipamento de telecontrol, na parcela con referencia catastral 15011A006000370000XB sita no lugar de Arróns (termo municipal de Boiro).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.387 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe na cela de liña que queda liberada do CS Angazos e remate en cela de liña do novo CS proxectado, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 961 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe en cela de liña do novo CS proxectado e remate en cela de liña do CT da torre existente (matrícula 15CNA4), sito na aldea de Bandalrío.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 26 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe en cela de liña do novo CS proxectado e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A), para instalar no apoio nº 61 (matrícula 90G10CBR) de formigón tipo HVH-2500/15 da LMT BOI-802.

– Reordenación da rede de baixa tensión actualmente alimentada desde o CT Fonte do Mouro que se vai desmantelar, consistente na instalación de dous (2) circuítos soterrados (RBTS), de 209 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede de baixa tensión existente, e na instalación dun (1) circuíto aéreo (RBTA), de 61 metros de lonxitude, en condutor tipo 2 (1×25 mm² Al).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 24 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMTS pechamento Cabo de Cruz-2ª fase

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Boiro

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Josefa Lojo Sánchez

0683502NH1108S0001PG

Fonte do Mouro

CT e acceso

18,81

Urbano

2

María de los Ángeles Vidal López

15011A006000370000XB

Arróns

CS e beirarrúa perimetral

10,2

8,2

23,9

Rústico