Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 7 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que se lle notifica á persoa interesada no procedemento SXRH-PD-4/23 a citación para a toma de declaración antes do prego de cargos ou da proposta de sobresemento.

O instrutor do procedemento intentou citar a persoa interesada para darlle a oportunidade de prestar declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta a disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa interesada, a referencia do procedemento e o trámite ao que se lle convoca:

Persoa citada: 34251442A.

Procedemento: SXRH-PD-4/23.

Trámite: citación para o día 11.4.2023, ás 10.00 horas, nas dependencias do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo (sita no enderezo: ronda da Muralla, nº 70, 2º andar, na cidade de Lugo), co obxecto de comparecer perante o instrutor para a toma de declaración antes do prego de cargos ou proposta de sobresemento.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2023

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades