Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do sistema de saneamento no concello de Vilagarcía de Arousa. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)-OH.336.1145PC. Clave do expediente: OH.736.1244.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 123.383,33 euros. Importe total: 149.293,83 euros.
8. Valor estimado do contrato: 154.004,22 euros. Inclúe o orzamento de licitación (123.383,33 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (30.620,89 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 24 meses. Previsión de prórroga ou prórrogas contractuais ata un máximo de 6 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (ponderación 15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (ponderación 7 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 4 de outubro de 2022.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 8.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 3 de novembro de 2022.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Técnica y Proyectos, S.A.
14.2. NIF: A28171288.
14.3. Enderezo: Anxo Senra Fernández, 25, 1º, local 3, 15670 Culleredo (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: plfuentes@typsa.es
14.6. Fax: 981 16 03 42.
14.7. Teléfono: 667 53 30 51.
14.8. Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 96.115,61 euros. Importe total: 116.299,89 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2 Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1 Culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; Actuación 6.2.1.2 Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO). Operación Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Vilagarcía de Arousa.
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas Guías de Publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 29 de abril de 2022.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 4 de outubro 2022.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 5 de novembro de 2022.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 14 de novembro de 2022.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia