Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 3 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 295).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 3 de marzo de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

35484112B

35484112B/12-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

76734862P

76734862P/23-01-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Mos

35484662D

35484662D/17-10-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

35599795G

35599795G/14-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilanova de Arousa

35600947Y

35600947Y/16-11-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36051395E

36051395E/31-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36135126X

36135126X/21-11-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36144548W

36144548W/15-02-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribadumia

36155559L

36155559L/08-07-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

53131665D

53131665D/15-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Bueu

54224768Z

54224768Z/17-10-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

70904756B

70904756B/14-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

76896779M

76896779M/28-10-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Porriño, O

Y6292544B

Y6292544B/18-11-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo