Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 69373 e cinco máis).

Intentada a notificación do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible efectuala, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos da súa petición.

Vigo, 2 de marzo de 2023

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

69373

AU369339

15.12.2022

70075

AU422682

14.12.2022

71145

D453136

29.12.2022

71639

AT770361

29.12.2022

71646

D527180

11.1.2023

72035

AY067920 (NIE Y9493994E)

16.1.2023