Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de febreiro de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores do Barqueiro-Bares de concesión administrativa no porto do Barqueiro con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio da lonxa (12.27.edf.002), de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa (expediente 12-27-23-C-1).

O día 31 de xaneiro de 2023 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores do Barqueiro-Bares no porto do Barqueiro, con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio da lonxa (12.27.edf.002), de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de febreiro de 2023

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte