Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle Esquina avenida Alcalde Pérez Ardá rúa Montevideo. Xaneiro de 2023 (expediente 631/2022/336).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 15 de febreiro de 2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle esquina avenida Alcalde Pérez Ardá, r/ Montevideo. Xaneiro 2023, promovido por Residencial Montevideo 2022, S.L. e redactado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Figueira, Álvaro Romero Gil-Delgado e Hugo Romero Novás.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixíndose a registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 1 de marzo de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo