Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2023 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia do inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento da subvención co número de expediente 1227057000435.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento do importe das axudas Feaga das que foi beneficiaria, por resultar infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro do citado acordo de inicio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), sito na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

1227057000435

34264061H

Acordo de inicio de procedemento de perda do dereito ao cobramento da subvención