Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a fábrica de elaboración de pensos de Aira, S.C.G., no concello de Taboada, provincia de Lugo (expediente 2020-IPPC-M-99).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Aira, Sociedade Cooperativa Galega. Revisión de autorización ambiental integrada. Mellores técnicas dispoñibles. Decembro de 2022.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-99.

Peticionaria: Aira, Sociedade Cooperativa Galega.

CIF: F27317593.

Enderezo social: polígono parque empresarial de Taboada, s/n, 27550 Taboada, Lugo.

Localización da instalación: polígono parque empresarial de Taboada, s/n, 27550 Taboada, Lugo.

Actividade: fábrica de elaboración de pensos para aves, cabalos, coellos, ovino, vacún, porcino e outros.

Descrición: o proceso produtivo consta de dúas liñas de produción diferenciadas (liña de pensos compostos e liña de mesturas para gando vacún) e inclúe as fases de recepción, limpeza e almacenamento de materias primas, dosificación, mesturado, moenda, granulación, almacenamento de produto terminado e expedición (ensacado e paletizado ou distribución a granel).

Segundo a documentación presentada, na instalación non se xeran augas residuais industriais (a limpeza realízase en seco, por aspiración e varrido), e as augas residuais fecais vértense á rede de colectores do polígono industrial.

Segundo consta na autorización ambiental integrada vixente, tamén se produce vertedura de augas residuais pluviais e augas procedentes do sistema de lavado de camións, que verten á rede separadora de colectores do polígono, sen tratamento previo.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2019/2031 da Comisión, do 12 de novembro de 2019, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) respecto ás industrias de alimentación, bebida e leite, conforme a Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais.