Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de marzo de 2023, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 7 de febreiro de 2023, ditada no expediente sancionador de Pontevedra RITGA-E-2022-012826 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido realizar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e poderase facer efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non se efectuar o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Pontevedra, 1 de marzo de 2023

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2022-012826.

NIF: 77544342A.

Establecemento: Casa Albita.

Domicilio: Lamela, 18, A Peroxa.

Localidade: Silleda.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea a), e 109.3 da Lei 7/2011.

Resolución: 7 de febreiro de 2023.

Sanción: multa por importe de cincocentos euros (500,00 €).