Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, polo que se dá publicidade da Resolución da Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos á realización das probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes, publicada no Diario Oficial de Galicia do 28 de decembro de 2022, convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. De conformidade coa base quinta da dita resolución, e unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de admisión ás ditas probas, a Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos, e dispón a súa publicación para a súa consulta, na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia www.ga-galicia.com e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio, logo do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os aspirantes non admitidos dispoñerán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para emendar, se é o caso, a omisión ou defecto que motivou a súa non admisión, ou presentar a correspondente reclamación ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Cuarto. Unha vez que sexan resoltas as reclamacións e correccións presentadas, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

Elena Muñoz Fonteriz
Secretaría xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes