Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial de reforma interior do núcleo histórico de Ourense, no ámbito da unidade de execución número 10 (expediente de planeamento urbanístico 2020023645).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 19 de xaneiro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

20. Aprobación inicial da modificación puntual da unidade de execución número 10 do Plan especial de reforma interior (PERI), Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U. (expediente de Planeamento Urbanístico 2020023645).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PERI do núcleo histórico de Ourense no ámbito da unidade de execución número 10, por instancia de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U., con NIF A-85527604, representada por Victoria Calvo Carballo, con NIF 02.9.01.723-C, e consonte a documentación que consta no expediente do Servizo de Planeamento núm. 2020023645.

2. Someter a información pública durante un mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

3. Notificar individualmente a todas as personas titulares catastrais dos terreos afectados segundo o recollido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

4. Solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos, consonte o establecido no artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia.

5. Asumir como parte integrante desta resolución tanto o Informe do arquitecto municipal do Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS do 17 de decembro de 2021, como o Informe xurídico, do 21 de marzo de 2022, dos cales se trasladará copia aos interesados para efectos de motivación.

Ourense, 14 de febreiro de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente