Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Beade

ANUNCIO da convocatoria para prover varias prazas de persoal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 55, do 9 de marzo de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:

– Unha praza de técnico de xestión administrativa, persoal funcionario, mediante o sistema de oposición.

– Unha praza de operario de servizos múltiples, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica do Concello de Beade e no taboleiro de anuncios do Concello de Beade.

Beade, 9 de marzo de 2023

Senén Pousa Soto
Alcalde