De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a persoa interesada con documento nacional de identidade número 39463485Q, para o trámite de audiencia o recurso de reposición PON/250/2018-R1, contra a Resolución do 19 de xuño de 2020.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación a citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística