Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 17902

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 7 de marzo de 2023 pola que se dispón o nomeamento dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Galega de Confrarías de Pescadores,

DISPOÑO:

O nomeamento de Gustavo Adolfo Chacartegui Pérez-Castrillón como vogal representante do sector pesqueiro no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2023

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar