Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (actuación 4.1.2.2), da encarga á Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución do proxecto técnico de reforma da Oficina Agraria Comarcal de Verín.

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos devanditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, faise constar que o 27 de outubro de 2022 se publicou no DOG a Resolución do 18 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade da encarga á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, da execución do proxecto técnico de reforma da Oficina Agraria Comarcal de Verín. A instalación da climatoloxía con aerotermia correspondente a esta encarga é susceptible de financiamento ao 80 % do gasto elixible, de conformidade co convenio asinado o 17 de setembro de 2021 entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, e a súa addenda de modificación formalizada o 28 de outubro de 2022, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: actuación 4.1.2.2 Fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables na Administración xeral da Comunidade Autónoma e no sector público autonómico.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural