Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: LAT 20 kV subterránea e novo CT Raña.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
– LMT soterrada a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado localizado no apoio existente A78094 da LMT Tablicia, entra e sae no CT proxectado e remata noutro paso aéreo a soterrado localizado no mesmo apoio, cunha lonxitude de 80 metros en condutor RHZ1-240 mm.
– Centro de transformación prefabricado Raña, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha potencia inicial de 50 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Desmontaxe do van de condutor aéreo entre o apoio A78094 e o CTI 10632 Raña, desmontaxe do apoio, a aparellaxe e o CTI Raña e dos fusibles XS.
Finalidade da instalación: mellora da subministración.
Orzamento: 65.859,10 euros
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 9 de febreiro de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo