Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica a un interesado a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra da Lagoa (expediente LU11/137-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na rolda da Muralla 70-2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/serra-da-lagoa

Lugo, 28 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU11/137-EOL.

Denominación: parque eólico Serra da Lagoa.

Situación: concello de Baralla (Lugo).

Núm.

Propietario

Parcela

Afeccións (m²)

Nome e apelidos

Part.

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Polígono

Parcela

Zapata plataforma

Vieiro

Gabia

Protección eólica

Ocupación temporal

64

Gabriel Herbón González

1/6

71

401

Xunto Zarras

Monte baixo

0

25

59

0

0

0