O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de outubro de 2022, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 21 de setembro de 2017, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/298/2016-RP1, polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade número 35247669P, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística