Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos do Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2023/012-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LAMT BDV801 LA RUA 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.

Situación: concellos do Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución dos apoios existentes núm. CLBCJR18//12, núm. CLAAMIJ0//13 e núm. CL7V39VQ//14 por novos apoios proxectados de celosía metálica do tipo C-12/2000, C-12/2000 e C-16/2000 respectivamente.

– Instalación de novo condutor LA-56, en sustitución do condutor existente: 167 m entre os apoios proxectados núm. CLBCJR18//12 e núm. CL7V39VQ//14 e 16 m entre o apoio proxectado núm. CL7V39VQ//14 e o apoio existente núm. CL85B5GW//14-1.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado núm. LE-1010 do COIILE, o 13.9.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 10 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/012-3.

Situación: concellos do Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras.

Denominación: regulamentación LAMT BDV801 LA RUA 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32010A02000584.

Lugar: Granxa.

Cultivo: labradío.

Titular: Pilar del Prado.

Afeccións: ocupación de 2 m² para apoio núm. 12.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32010A02000569.

Lugar: Granxa.

Cultivo: viñedo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m² para apoio núm. 13.

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32089A02102239.

Lugar: Val do Carballo.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m² para apoio núm. 14.