Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2023/012-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Situación: concello de Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas: substitución do apoio AAFQMHQ9//19-2 da liña de media tensión aérea (LMTA) SJG805 por un C-1000/12, no cal se instala un reconectador telecontrolado. Retensado dos vans contiguos ao apoio instalado (156 metros LA-30). A instalación esta situada no lugar da Vila de Abaixo, parroquia de Sacos (Santa María), no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 antedito.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/012-4.

Denominación: substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Lg. Vila de
Abaixo-Sacos

Rústico, agrario, prados ou pradeiras

36012A006007580000ZX

Herdeiros Filismina
Fernández Meijón

1

2,00