Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da dita Lei 3/2007. Todo isto sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral

164/2023

27067A009001480000XE

Polígono 9, parcela 148, Campo de Verdes, Viveiro (Lugo)

García Cortes Dolores (descoñécese o NIF)

27067A009001490000XS

Polígono 9, parcela 149, Campo de Verdes, Viveiro (Lugo)

López Carballo Juan (descoñécese o NIF)

27067A009001500000XJ

Polígono 9, parcela 150, Campo de Verdes, Viveiro (Lugo)

En investigación

27067A009001710000XF

Polígono 9, parcela 171, Campo de Verdes, Viveiro (Lugo)

33677503Y

Viveiro, 16 de febreiro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa