Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial Lalín 2000.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de xaneiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación do Plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial de Lalín (Pontevedra). Xaneiro 2023, promovido pola entidade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. (expediente 174/2021).

O documento pode ser consultado na seguinte ligazón:

https://www.lalin.gal/planeamento-de-desenvolvemento1

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lalín, 22 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 14.8.2020;
BOP nº 162, do 24 de agosto)
Raquel Lorenzo Fernández
Concelleira delegada de Urbanismo