Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17285

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 pola que se publica a Resolución do 27 de febreiro de 2023 pola que se aproba o Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2023 e a rendición da avaliación do ano 2022.

O título VIII da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, recolle os mecanismos de control e garantía pública do Sistema galego de servizos sociais.

No artigo 59, a lei atribúe á Xunta de Galicia a competencia sobre o Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, a autorización e acreditación de centros, servizos e programas sociais, o asesoramento e a asistencia técnica ás entidades e institucións que participen na prestación dos servizos sociais, a supervisión e avaliación da calidade na prestación dos servizos sociais, e o exercicio das potestades inspectora e sancionadora.

Pola súa banda, o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 40 que están suxeitas á inspección de servizos sociais todas as entidades que desenvolvan servizos sociais no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 42 deste decreto, a actividade inspectora organízase de conformidade coas directrices e coas prioridades acordadas no plan anual de inspección aprobado pola persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.

O plan de inspección debe fixar os obxectivos anuais da unidade en relación cos servizos existentes no momento en que se elabore. Ademais, recollerá os datos referidos ao ano anterior e avaliará o grao de cumprimento da planificación realizada.

Polo exposto, o plan de inspección constitúe o marco de actuación da Inspección de Servizos Sociais en Galicia en cada exercicio, establecendo os obxectivos xerais e específicos de cada unha das áreas estratéxicas e integrando as actuacións que vai realizar a Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais para o cumprimento da mellora da calidade dos servizos sociais e a garantía dos dereitos das persoas usuarias dos distintos centros, servizos e programas que prestan os ditos servizos.

Non obstante, esta planificación débese conciliar con outras actuacións acordadas pola consellería, ou que deriven de necesidades sobrevidas derivadas de circunstancias excepcionais ou da tramitación das queixas que presenten as persoas usuarias dos servizos.

O plan de inspección para o ano 2023, aprobado pola persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, segue unha liña coherente coas actuacións priorizadas nos últimos anos, en relación coa garantía dos dereitos das persoas usuarias na procura do incremento da calidade nos servizos desenvoltos polas entidades prestadoras de servizos sociais.

A cooperación con outros órganos da Administración pública e con todos os poderes públicos será un principio básico de actuación da actividade inspectora.

Así mesmo, os contratos e convenios realizados pola Consellería de Política Social e Xuventude con entidades privadas serán tamén obxecto de seguimento, e reforzarase a supervisión do destino das axudas e subvencións concedidas ás persoas en situación de dependencia e en risco de exclusión social. Así como as que se concedan ás escolas que se acollan á orde de gratuidade da atención educativa.

Este plan elaborouse tras consultar os centros directivos e unidades administrativas da Consellería de Política Social e Xuventude competentes en cada unha das distintas áreas sociais, e tendo en conta o resultado da avaliación do plan de inspección do ano anterior, que se incorpora no anexo desta resolución.

O plan aprobado publícase no Diario Oficial de Galicia co fin de afondar no principio de transparencia na actuación inspectora, e de darlle a máxima difusión ao seu contido polo elevado interese social que suscitan os temas que aborda. A crecente exixencia cidadá do control público da actividade das administracións recomenda esta publicación, sobre todo tendo en conta que a Consellería de Política Social e Xuventude, órgano competente na Inspección de Servizos Sociais, é a encargada de controlar que os centros, servizos e programas de servizos sociais cumpran coa normativa aplicable en materia de servizos sociais e garantan unha atención de calidade ás persoas usuarias, que en moitos casos deben gozar dunha especial protección.

Polo exposto, e de conformidade co establecido no artigo 42 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia,

RESOLVO:

Publicar a Resolución do 27 de febreiro de 2023 pola que se aproba o Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2023, que figura como anexo I a esta resolución, xunto cos datos da avaliación do Plan de inspección de servizos sociais de Galicia do ano 2022, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Resolución do 27 de febreiro de 2023 pola que se aproba o Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2023

Primeiro. Ámbito de aplicación

A Inspección de Servizos Sociais exerce as súas facultades sobre todas as entidades, centros, programas e servizos que desenvolven actividades de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia, sexan de carácter público ou privado, con independencia da existencia, ou non, de ánimo de lucro, do réxime de intervención administrativa que se lles exixa para a súa posta en funcionamento, da denominación formal da actividade, así como do lugar onde a entidade titular ou xestora teña a súa sede ou domicilio legal.

Segundo. Fins e obxectivos específicos

A Inspección de Servizos Sociais ten como fin verificar o estrito cumprimento da normativa aplicable nesta materia, de xeito que se garantan os dereitos das persoas usuarias e se procure a mellora continua da calidade nos servizos sociais que se lles presten á cidadanía no territorio de Galicia.

Para acadar este fin, márcanse os seguintes obxectivos específicos:

a) Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais, en especial daquelas persoas que reciben servizos de atención residencial.

b) Velar polo axeitado emprego das axudas e subvencións concedidas, e polo cumprimento das cláusulas contractuais e dos convenios asinados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

c) Propoñer medidas para incrementar a eficiencia da oferta de servizos sociais existente e a súa adaptación á conxuntura socioeconómica.

d) Promover a cooperación e coordinación administrativa tanto cos demais órganos da Administración xeral e institucional da Xunta de Galicia, como con outras administracións públicas e cos demais poderes públicos co obxectivo de dar unha solución integral e máis eficaz aos problemas prácticos nos que a cidadanía demanda a protección dos seus dereitos.

Terceiro. Vixencia

A vixencia deste plan estenderase ata o 31 de decembro de 2023. De ser preciso, prorrogarase de forma tácita ata a entrada en vigor do seguinte plan de inspección.

Cuarto. Principios reguladores

A Inspección de Servizos Sociais desempeña as funcións que lle son propias con suxeición aos seguintes principios informadores:

a) A capacidade e a competencia profesional, con sometemento pleno á lei e ao dereito, ética, rigor, eficacia, obxectividade e imparcialidade no desenvolvemento da función inspectora.

b) A planificación do traballo con coherencia e sistematización, sen prexuízo de que pola súa transcendencia e urxencia existan necesidades sobrevidas.

c) A xerarquía, co deber de cumprir as instrucións e ordes de servizo ditadas polo órgano competente.

d) A reserva e a confidencialidade das actuacións, así como respecto da documentación con orixe e destino na Inspección de Servizos Sociais.

e) A coordinación e o traballo en equipo para garantir a homologación e a homoxeneidade de criterios, en todos os seus ámbitos de actuación.

f) O fomento da calidade nas súas actuacións, para promover así a mellora continua do nivel de calidade na prestación dos servizos das entidades, servizos, centros e programas de servizos sociais, de modo que a atención das persoas usuarias sexa máis humana, eficaz e orientada á satisfacción das súas necesidades.

g) O carácter asesor e orientador da inspección respecto ás entidades, servizos, centros e programas de servizos sociais de Galicia.

h) A cooperación interadministrativa.

Quinto. Funcións da Inspección de Servizos Sociais

De conformidade co artigo 73 Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, son funcións da Inspección de Servizos Sociais:

a) Verificar o cumprimento dos requisitos e das condicións exixibles para a prestación e o funcionamento dos servizos de conformidade coa súa normativa sectorial específica e mais para a acreditación en materia de servizos sociais.

b) Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais.

c) Controlar o cumprimento da normativa vixente e o nivel de calidade dos servizos sociais que se presten no territorio de Galicia, podendo formular propostas de mellora na calidade dos servizos sociais.

d) Asesorar, no exercicio das actuacións de inspección, as entidades prestadoras de servizos sociais titulares ou xestoras de centros, programas ou servizos e as persoas usuarias ou os seus representantes legais sobre os seus respectivos dereitos e deberes e sobre a forma de cumprir as disposicións vixentes sobre a materia.

e) Emitir informe sobre o destino e a adecuada utilización das subvencións e axudas públicas percibidas por persoas físicas ou xurídicas en materia de servizos sociais, así como sobre calquera outra axuda económica articulada a través de convenios, contratos ou outras figuras establecidas na normativa vixente.

f) Recibir e investigar queixas e reclamacións.

g) Emitir informes e propoñer a iniciación de expedientes sancionadores, a adopción de medidas cautelares, a clausura ou o cesamento definitivo de servizos, centros e programas, a suspensión ou o cesamento temporal de servizos, centros e programas, a revogación das autorizacións e das resolucións ditadas no procedemento de comprobación no caso de servizos suxeitos a declaración responsable, así como a revogación e suspensión das acreditacións concedidas.

h) Todas aquelas funcións que lle encomende a lei ou a súa normativa de desenvolvemento.

Sexto. Liñas estratéxicas de actuación para o ano 2023

• Liña 1: información e asesoramento en materia de rexistro e autorización de entidades, centros, servizos e programas de servizos sociais.

Para o ano 2023 establécense os seguintes obxectivos:

a) A actualización permanente do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS, no sucesivo), co fin de garantir a máxima transparencia para a cidadanía en canto ás entidades, centros e programas de servizos sociais existentes en Galicia.

https://politicasocial.xunta.gal/XiacWeb/

b) A actualización que sexa precisa dos contidos da Asesoría Virtual de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, como medio para facilitar o coñecemento polas entidades sobre as funcións e actividades que se realizan desde a inspección.

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/asesoria-virtual-de-entidades

c) O reforzo dos labores de asesoramento ás entidades para o cumprimento da normativa vixente no relativo á posta en marcha de centros, programas ou servizos, e ao adecuado funcionamento destes, así como das medidas que hai que adoptar para mellorar a calidade da atención nos centros, programas e servizos en funcionamento.

d) A realización de visitas de inspección para a concesión da autorización de inicio de actividades e para autorizar as modificacións substanciais e os cesamentos de actividades, cando sexa o caso.

• Liña 2: inspección e garantía de dereitos.

Nesta liña fíxanse como obxectivos para o ano 2023:

a) O envío de instrucións e documentación para a elaboración do control de legalidade á totalidade de centros e programas autorizados, agás aos centros de xestión propia da Xunta de Galicia, a aqueles que dependen da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e aos programas de titularidade municipal.

b) A inspección de entidades, centros, servizos e programas de servizos sociais das distintas áreas.

c) A tramitación do 100 % das denuncias, queixas e reclamacións recibidas, coa realización, se é o caso, dunha visita de comprobación dos feitos denunciados, e dando resposta ás persoas interesadas en todos os casos.

d) Así mesmo, serán obxecto de especial seguimento os centros e servizos que foran obxecto en anos anteriores de sanción administrativa en materia de servizos sociais. Ao mesmo tempo, serán obxecto de especial seguimento os centros, servizos e programas sobre os que se presentaran queixas, denuncias ou reclamacións.

Nas visitas de inspección incidirase especialmente en:

– A garantía dos dereitos das persoas usuarias en centros residenciais para persoas en situación de dependencia e para menores.

– A detección e intervención en caso de malos tratos, tanto físicos, emocionais, de abandono ou de neglixencia.

– A comunicación á autoridade xudicial ou administrativa competente, cando sexa exixible, do ingreso ou a saída dos centros de servizos sociais das persoas usuarias con discapacidade e dar inmediata conta, no caso de discapacidade sobrevida de persoas usuarias, ao Ministerio Fiscal por parte da dirección do centro.

– A racionalización do uso de suxeicións físicas e químicas nos centros de servizos sociais, e a súa correcta aplicación e retirada.

– O cumprimento da proporción mínima de persoal exixible a cada tipo de centro ou programa.

– A verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a tipoloxía de centro e a capacidade máxima autorizada.

e) Así, tamén se incidirá na garantía dos dereitos das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, en especial no que se refire a:

– O cumprimento da proporción mínima de persoal técnico coordinador, por parte das entidades que prestan o servizo.

– O seguimento efectivo da prestación, que o persoal técnico debe realizar nos domicilios das persoas usuarias, velando por que o persoal auxiliar realiza as tarefas deseñadas para cada unha destas.

f) O asesoramento e inspección dos servizos comunitarios no que se refire á aplicación das disposicións do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

• Liña 3: calidade e acreditación.

Durante o ano 2023 levarase a cabo a análise do grao de implantación dos protocolos mínimos de funcionamento nos centros, programas e servizos, de conformidade co que se establece nos protocolos de inspección aprobados en cada área.

• Liña 4: formación e capacitación.

Un dos obxectivos inmediatos a curto e medio prazo da Consellería de Política Social e Xuventude é garantir a calidade dos servizos sociais en Galicia. Esta garantía acádase non só co cumprimento estrito do Plan de inspección de servizos sociais senón tamén co apoio ás entidades prestadoras de servizos sociais, polo que se vai dar continuidade ás liñas de formación ás ditas entidades iniciadas no ano 2022.

Así mesmo, esta liña de actuación facilitará a participación nas accións formativas demandadas tanto polo persoal de nova incorporación como para a formación continua do persoal que xa desempeña as funcións de inspección.

• Liña 5: mellora e renovación da normativa en materia de servizos sociais.

Participación e asesoramento na elaboración dos anteproxectos normativos en que se solicite a dita participación.

Sétimo. Metodoloxía

1. As funcións de información e asesoramento ás entidades instruméntanse mediante:

a) O asesoramento e recomendacións en relación cos regulamentos de réxime interior dos distintos centros e programas e o seu posterior visado, a resolución de consultas das persoas interesadas e das entidades prestadoras de servizos sociais que desexan pór en funcionamento novos servizos, en relación co deseño, a autorización de centros, programas e servizos.

Así, tamén se prestará asesoramento respecto á mellora da calidade dos servizos sociais en relación con aqueles que xa están en funcionamento.

b) A aplicación de sistemas de avaliación cuxos resultados orienten as directrices para adoptar na prestación da atención ás persoas usuarias e ás súas familias.

2. A información e asesoramento ás das persoas usuarias dos servizos sociais de cara a garantir o respecto dos seus dereitos.

Así mesmo, as persoas usuarias poderán remitir directamente queixas e reclamacións á unidade de Inspección de Servizos Sociais co fin de que as avalíe e, cando proceda, realice as actuacións oportunas. Do resultado das actuacións realizadas darase conta á persoa interesada no prazo máis breve posible.

3. As funcións de control da legalidade vixente instrumentaranse a través de:

a) A realización de controis da documentación referida aos servizos sociais en funcionamento, en aspectos relacionados co mantemento das instalacións, pólizas de seguros, carteira de servizos e recursos humanos empregados. Promoverase o cumprimento desta obriga mediante medios electrónicos.

b) A realización de visitas de inspección aos centros e programas de servizos sociais para a comprobación do cumprimento dos requisitos legalmente exixidos pola normativa específica en materia de servizos sociais, con carácter previo ao inicio das actividades e posteriormente, durante o seu funcionamento.

c) A realización de informes de inspección e requirimentos dirixidos ás entidades para a emenda de deficiencias detectadas e/ou recomendacións en torno á mellora dos servizos.

d) A proposta da adopción de medidas preventivas e/o provisionais, de clausura de centros, de suspensión de actividades e de inicio de expedientes sancionadores.

4. A función de control do financiamento público instruméntase a través de:

a) A emisión de informes sobre a contratación de servizos, a concesión de subvencións ou doutras fórmulas de financiamento público, así como sobre o funcionamento dos servizos sociais contratados e o cumprimento das condicións ofertadas.

b) A realización de visitas e informes para a verificación das condicións de desenvolvemento dos servizos, de emprego das axudas e da avaliación dos resultados acadados con elas.

5. Así mesmo, a unidade de Inspección de Servizos Sociais, ademais da colaboración permanente coas demais unidades da Consellería de Política Social e Xuventude, poderá colaborar con outros órganos ou organismos da Xunta de Galicia ou doutras administracións públicas no exercicio das competencias que ten atribuídas.

En especial:

a) A colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública en aspectos relacionados coas condicións dos comedores, cociñas, almacéns e locais de manipulación de alimentos.

b) A colaboración coa Inspección de Servizos Sanitarios en canto á atención sanitaria prestada nos centros, ao almacenamento de medicamentos, a utilización da tarxeta sanitaria, o consentimento asinado para delegar no centro as condicións e a modalidade do servizo sanitario.

c) A colaboración co Instituto Galego de Consumo e da Competencia sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias, no dereito á información e á protección dos intereses lexítimos económicos das persoas consumidoras, o réxime de comprobación e os servizos de atención ás persoas usuarias.

d) A colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social no intercambio de información sobre aspectos que se detecten en canto a posibles incumprimentos da normativa laboral do persoal que presta servizos nos centros, servizos e programas de servizos sociais.

6. As visitas de inspección realizaranse segundo os seguintes criterios:

a) O persoal inspector poderá acceder libremente, sen notificación previa, e en calquera momento, a todos os centros de servizos sociais, á sede das entidades ou ás instalacións de referencia dos servizos ou programas. Non obstante, notificarase previamente a actuación no caso das visitas previas aos permiso de apertura de centros e nas inspeccións que se realicen aos servizos comunitarios dos concellos.

b) Durante a visita de inspección, o persoal inspector está facultado para acceder a todas as dependencias, para efectuar toda clase de comprobacións materiais, documentais, rexistrais e contables, para entrevistarse con carácter privado co persoal profesional e coas familias e persoas usuarias ou os seus representantes legais, así como para realizar todas as actuacións que conduzan a un mellor coñecemento dos feitos.

c) As visitas de inspección poderanse realizar en calquera momento, incluíndo o horario nocturno, a fin de semana e os días festivos. As inspeccións poderán ser referidas á totalidade do funcionamento do centro, ou sectoriais sobre determinados aspectos en que conveña incidir.

7. Para o desenvolvemento da función inspectora e a actividade de acreditación dotarase a Inspección de Servizos Sociais do persoal e medios que resulten axeitados e garantan a colaboración dos restantes órganos, e contará co apoio e colaboración doutras administracións públicas con facultades inspectoras ou competencias para o efectivo exercicio das funcións inspectoras.

8. Unha vez finalizado o período de vixencia do plan, levarase a cabo unha avaliación sobre as actuacións realizadas e o seu grao de cumprimento.

Oitavo. Procedementos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) https://politicasocial.xunta.gal› recursos › ruepss

A tramitación electrónica dos procedementos xestionados pola unidade de Inspección de Servizos Sociais comprende os seguintes:

a) Inscrición de entidades.

b) Modificación de datos.

c) Cambio de titularidade de centros e programas.

d) Cambio de entidade xestora de centros e programas.

e) Cancelación de entidades.

Noveno. Procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais

Tramitación electrónica dos procedementos xestionados pola unidade de Inspección de Servizos Sociais:

a) Creación/construción de centros.

b) Inicio de actividades de centros e programas.

c) Modificación substancial de centros e programas.

d) Cesamento de actividades de centros e programas.

e) Rehabilitación de autorizacións.

No ano 2023 prevese a tramitación dos seguintes procedementos:

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Inicio de actividades

15

40

15

70

Décimo. Liñas específicas de inspección para o ano 2023

1. As liñas específicas de inspección para o ano 2023 desenvolveranse nas seguintes áreas:

a) Familia e menores.

b) Maiores, discapacidade e dependencia.

c) Servizos comunitarios e inclusión social.

2. Liñas específicas nas áreas de familia e menores.

2.1. Familia.

Inspección do 100 % dos Puntos de Encontro Familiar (PEF).

Nas visitas de inspección realizadas aos PEF titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, de ser solicitado pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, verificarase o cumprimento do contrato administrativo asinado.

Do resultado destas visitas darase conta ao devandito centro directivo.

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que se visitarán en 2023

A Coruña

4

4

Lugo

1

1

Ourense

1

1

Pontevedra

2

2

Total

8

8

2.2. Infancia.

a) Inspección do 70 % dos centros de atención á infancia: escolas infantís, puntos de atención á infancia, espazos infantís e ludotecas.

Así, incidirase especialmente en:

– A visita aos centros sancionados anteriormente, ou con denuncias reiteradas das cales se verificaron aspectos susceptibles de mellora, así como a aqueles que levan máis tempo sen inspeccionarse.

– O cumprimento das proporcións mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro, e en que este posúa a formación requirida.

– A verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.

– A implantación efectiva do currículo educativo das escolas infantís, en especial nos aspectos relacionados coa proposta pedagóxica.

– As condicións de seguridade dos centros.

– A garantía dos dereitos dos nenos e nenas e das familias.

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que se visitarán en 2023

A Coruña

234

164

Lugo

79

55

Ourense

72

50

Pontevedra

193

135

Total

578

404

b) A emisión dos informes que se requiran para a concesión de financiamento público a centros de atención á infancia.

2.3. Menores.

a) Inspección do 100 % dos centros de menores.

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que se visitarán en 2023

A Coruña

24

24

Lugo

18

18

Ourense

16

16

Pontevedra

36

36

Total

94

94

b) Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, e os centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas ou con convenio coa Consellería de Política Social e Xuventude, de solicitarse pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica verificarase o cumprimento do contrato administrativo asinado. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros de menores titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, darase conta ao devandito centro directivo.

c) Así, incidirase especialmente na atención prestada aos/ás menores, velando pola garantía dos seus dereitos.

d) Así mesmo, impulsarase na medida do posible, a adopción de medidas tendentes a mellorar a coordinación entre os equipos técnicos de menores das xefaturas territoriais e os centros en funcionamento.

e) Así tamén, impulsarase a realización dun modelo de regulamento de réxime interno para os centros de menores.

2.4. Subvencións e convenios.

a) Visitas para a posta en funcionamento de novas casas niño, proxectos destinados á atención de nenas e nenos de ata 3 anos de idade, e establecidas nos núcleos rurais en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia ata esta idade, así como o seguimento de proxectos aprobados en anos anteriores.

b) Outras inspeccións que se soliciten desde a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Inspeccións previstas 2023

Casas niño

100 % das solicitadas

Outras subvencións e convenios

100 % das solicitadas

3. Liñas específicas nas áreas de maiores, discapacidade e dependencia.

3.1. Maiores.

a) Durante o ano 2023 proseguirase o proceso de regularización dos centros de atención a persoas maiores e discapacidade que se detecten en funcionamento sen a preceptiva autorización.

b) Inspección do 80 % dos centros residenciais de persoas maiores (apartamentos tutelados, vivendas comunitarias, fogares residenciais e residencias).

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que se visitarán en 2023

A Coruña

107

86

Lugo

81

65

Ourense

142

114

Pontevedra

76

60

Total

406

325

c) Inspección do 50 % dos centros de día de persoas maiores (centros de día e centros de día de alzhéimer).

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que se visitarán en 2023

A Coruña

83

41

Lugo

47

24

Ourense

31

16

Pontevedra

86

43

Total

247

124

d) Os fogares/clubs (20 centros), dada a súa tipoloxía non serán obxecto de inspección, salvo no caso de denuncia.

e) Así, incidirase especialmente en:

– O cumprimento das proporcións mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro, e en que este posúa a formación requirida.

– A verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.

– A inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, e os centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas pola Consellería de Política Social e Xuventude. De ser solicitado pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, verificarase o cumprimento do contrato administrativo. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, darase conta ao devandito centro directivo.

– Nas visitas aos centros comprobarase as persoas que teñen libranza vinculadas á adquisición do servizo, e remitirase esta información á Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

3.2. Discapacidade.

a) Inspección do 55 % dos centros residenciais de persoas con discapacidade (apartamentos tutelados, vivendas/pisos tutelados, residencias de persoas con discapacidade adultas e residencias de persoas con discapacidade gravemente afectadas).

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que se visitarán en 2023

A Coruña

41

23

Lugo

20

11

Ourense

17

9

Pontevedra

30

16

Total

108

59

b) Inspección do 45 % dos centros de atención diúrna de persoas con discapacidade (centros ocupacionais e centros de día).

Provincia

Número de centros

Previsión de centros que sevisitarán en 2023

A Coruña

70

31

Lugo

16

7

Ourense

15

7

Pontevedra

50

23

Total

151

68

c) Así, incidirase especialmente en:

– O cumprimento das proporcións mínimas de persoal adecuada a cada tipo de centro e que este posúa a formación requirida.

– A verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.

– Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, e os centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, de ser solicitado pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade verificarase o cumprimento do contrato administrativo. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, darase conta ao devandito centro directivo.

– En todas as visitas aos centros comprobarase a exactitude dos datos referidos ás libranzas vinculadas á adquisición destes servizos, segundo os datos remitidos pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

3.3. Subvencións e convenios.

a) Inspección das subvencións para a posta en funcionamento e desenvolvemento das casas do maior. Inspeccionarase o 100 % dos proxectos solicitados desde a Dirección Xeral de Atención Sociosanitaria.

b) Outras inspeccións que se soliciten desde a Dirección Xeral de Maiores Atención Sociosanitaria ou pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Inspeccións previstas 2023

Casas do maior

100 % das solicitadas

Outras subvencións e convenios

100 % das solicitadas

4. Liñas específicas nas áreas de servizos comunitarios e inclusión social.

4.1. Comunidade.

a) Servizo de axuda no fogar de entidades privadas.

Inspeccións a 100 empresas privadas de axuda no fogar, priorizando as visitas ás empresas que xestionen programas de titularidade local e as que presten servizo a persoas usuarias de libranza vinculada ao servizo de axuda no fogar; neste último caso comprobarase que a prestación se destina á adquisición destes servizos, segundo as nóminas remitidas polas distintas xefaturas territoriais.

Núm. de programas SAF privados

Previsión de entidades que se visitarán en 2023

198

100

b) Visitas domiciliarias.

Estímase a realización de 85 visitas domiciliarias para comprobar a efectiva adquisición dos servizos e as súas intensidades, así como a adecuación dos servizos establecidos nos plans de atencións individuais e a supervisión e seguimento do servizo nos domicilios das persoas usuarias (daráselle prioridade aos domicilios que teñan concedida unha libranza vinculada á adquisición do servizo e a aqueles de persoas usuarias do sistema da dependencia que perciben os servizos a través de empresas xestoras dos programas de axuda no fogar dos concellos).

Previsión visitas que se realizarán en 2023

Visitas domiciliarias

85

4.2. Servizos sociais comunitarios.

No ano 2023 continuarase co obxectivo de asesorar os concellos para que os distintos programas que se levan a cabo neste nivel de atención se adapten á normativa de aplicación, así como velar pola garantía dos dereitos das persoas usuarias en relación cos programas básicos dos servizos sociais comunitarios, e a comprobación da dotación de persoal financiado a través do Plan concertado de servizos sociais.

Nas visitas prestarase especial atención ao seguinte:

– Programa de orientación, asesoramento e información.

Neste programa comprobarase o grao de resposta e celeridade das citas e demandas solicitadas pola cidadanía no exercicio dos seus dereitos.

Para estes efectos, terase en conta o tempo de espera para cada cita; os días e horario de atención presencial; a atención telefónica e os tempos de resposta desta nova modalidade de atención; o exame das axendas de citas do persoal técnico do departamento e a adecuación do tempo establecido para cada cita.

– Programa de axuda no fogar.

Neste programa comprobarase o cumprimento da proporción de persoal técnico para o seguimento e a supervisión do servizo, así como que o dito servizo se adapta ás necesidades das persoas usuarias e se presta a intensidade horaria, recoñecida ou solicitada, a todos as persoas usuarias que constan de alta na aplicación SIGAD-CONCELLOS.

Así mesmo, verificarase que todas as persoas usuarias contan cun contrato/acordo de servizo asinado entre as partes en que se recollan os datos básicos (datos das partes, prezo/hora, horas iniciais de prestación do servizo...), que o proxecto de atención individual está actualizado e que realizan as visitas de supervisión e seguimento da prestación nos domicilios das persoas usuarias.

Co obxecto de que as horas financiadas pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria sexan as efectivamente prestadas nos domicilios das persoas usuarias, comprobarase o rexistro e comunicación das diminucións horarias que xorden na prestación do servizo de axuda no fogar e que minoran no mes de referencia as horas efectivamente prestadas que constan na aplicación SIGAD-CONCELLOS.

– Servizo de educación e apoio familiar.

A inspección deste servizo realizarase co exame dunha mostraxe aleatoria dos expedientes de alta no programa, comprobando que as persoas usuarias/familias conten con proxectos de apoio educativo e psicosocial co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situación de maltrato infantil ou calquera outra desprotección.

– Programa de prevención e inserción social.

As actuacións de inspección sobre este programa consistirán no exame dunha mostraxe aleatoria dos expedientes individuais da Risga e do seguimento trimestral de cada caso. Así tamén, o exame dos expedientes individuais das axudas de inclusión social (AIS) e das visitas domiciliarias realizadas, no caso das axudas para equipamento mobiliario básico da vivenda e mellora da habitabilidade, co obxecto de comprobar que as axudas se destinan á súa finalidade.

A previsión para a anualidade 2023 é a realización de 110 visitas aos servizos sociais comunitarios dos concellos, co obxecto de coordinar e controlar a calidade dos programas comunitarios básicos que se desenvolven, procurando realizar alomenos unha visita ordinaria aos distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia dentro dun período de tres anos.

Previsión concellos que se van visitar en 2023

Servizos comunitarios dos concellos

110

4.3. Inclusión.

– Centros de inclusión, igualdade e comunitarios.

Durante o ano 2023 realizaranse visitas de inspección ordinaria a 46 centros de inclusión, comprobando que os usuarios se corresponden coa tipoloxía do centro/programa autorizado. Prestarase especial atención ao cumprimento das proporcións do persoal técnico, á necesidade de facer unha valoración inicial ao ingreso no centro e á adopción das medidas de protección que sexan necesarias para as persoas usuarias. Tamén se verificará a existencia do proxecto de inclusión social/inserción laboral de todas as persoas residentes nos centros.

– Centros de igualdade.

No ano 2023 visitaranse 6 centros de igualdade.

Así mesmo, emitiranse os informes solicitados polos centros directivos da Consellería de Política Social e Xuventude, en relación coas subvencións solicitadas polas entidades titulares dos centros de inclusión.

4.4. Subvencións, convenios e prestacións.

a) No ano 2023 realizaranse as visitas de seguimento aos servizos de atención temperá que se desenvolven de xeito individual ou compartido polas entidades locais de Galicia no marco da Rede galega de atención temperá (regulada polo Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a rede). Inspeccionarase a totalidade dos programas solicitados pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade. A estimación é de 15 inspeccións nesta anualidade.

b) En canto ao seguimento de Risga e AIS, suxeito aos datos remitidos polas distintas xefaturas territoriais, realizaranse 45 seguimentos de expedientes desta natureza. O obxectivo é constatar, na medida do posible, o mantemento dos requisitos que deron lugar á citada prestación. No caso das AIS, verificarase que a axuda se destinou á finalidade para a que foi concedida.

Inspeccións previstas 2023

Programas da Rede galega de atención temperá

100 % das solicitadas

Prestacións Risga e AIS

45

5. Tramitación de queixas, reclamacións e denuncias.

Todas as queixas, reclamacións e denuncias que se reciban na unidade de Inspección de Servizos Sociais serán tramitadas, e do resultado das investigacións levadas a cabo darase conta aos denunciantes.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude.

ANEXO II

Avaliación do Plan de inspección de servizos sociais de Galicia
do ano 2022

1. Tramitación de procedementos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

Procedementos rexistrais RUEPSS 2022

Expedientes tramitados

Inscrición

160

Modificación de datos

205

Cancelación

28

Total

393

2. Tramitación de procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais.

Procedementos de autorización 2022

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Creación/construción

13

35

35

83

Inicio de actividades

15

30

33

78

Modificación substancial

68

23

19

110

Cambio de titularidade

7

11

2

20

Cambio entidade xestora

29

16

29

74

Redistribución unidades en escolas infantís

246

-

-

246

Cesamento actividades

11

14

39

64

Visado de regulamentos de réxime interior

52

65

46

163

Total

441

194

203

838

3. Visitas ás páxinas web xestionadas pola Inspección de Servizos Sociais.

Web

Visitas 2022

RUEPSS (https://politicasocial.xunta.gal/XiacWeb/)

192.702

Asesoría virtual (https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/asesoria-virtual-de-entidades)

39.145

4. Centros, servizos e programas de servizos sociais inspeccionados.

Centros, servizos e programas de servizos sociais inspeccionados 2022

Área

Centros previstos

Centros inspeccionados

% realización

Menores

93

89

96 %

Infancia

301

291

97 %

PEF

7

8

114 %

Centros de maiores

445

425

96 %

Discapacidade

116

106

91 %

SAF-Privado

100

111

111 %

Visitas domiciliarias SAF

80

90

113 %

Servizos comunitarios

100

100

100 %

Centros inclusión

45

42

93 %

Centros igualdade

6

6

100 %

Centros sociocomunitarios

2

2

100 %

Total

1.295

1.270

111 %

5. Visitas de inspección realizadas.

Visitas de inspección 2022

Inspeccións previstas

Inspeccións realizadas

% realización

Familia e menores

481

483

100 %

Maiores, discapacidade e dependencia

477

533

112 %

Servizos comunitarios e inclusión social

413

436

106 %

Total

1.371

1.452

106 %

6. Denuncias tramitadas.

Avaliación 2022

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Denuncias tramitadas

110

299

150

559

7. Prestacións, subvencións e convenios inspeccionados: 100 % dos solicitados polas distintas direccións xerais da Consellería.

Avaliación 2022

Previstos

Solicitados

% Realización

Subvencións e convenios

80

12

100 %*

Programa de atención temperá e outros programas

25

19

100 %

Risga e AIS

40

40

100 %

Total

145

71

100 %

8. Controis de legalidade.

Avaliación 2022

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Controis de legalidade enviados

499

802

312

1.613

9. Formación.

Ao longo da anualidade 2022 levouse a cabo unha liña de formación na modalidade presencial ás entidades prestadoras de servizos sociais das distintas áreas que comprendeu as seguintes accións:

– Xornada formativa para as entidades titulares e xestoras de centros de día impartida polo persoal inspector do Servicio de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia.

– Xornada formativa para titulares de vivendas comunitarias impartida polo persoal inspector do Servicio de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia.