Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do CTI Castelo por CTC e LMT, no concello de Pontevedra, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 22 de febreiro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/061-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do CTI Castelo por CTC e LMT.
Concello: Pontevedra.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
1 |
36900A201000870000LU |
Saladina Casás Casalderrey |
14 de marzo de 2023 |
2023/54/44 |