A Xunta de Goberno local deste concello, en sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2023, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023, segundo a seguinte desagregación:
Persoal funcionario |
||||||
Dotación |
Vacante |
Denominación |
Grupo/subgrupo |
Escala/subescala/clase |
Nivel |
Quenda |
1 |
1 |
Conserxe de |
AP |
Administración xeral |
12 |
Libre |
Persoal laboral |
||||||
Dotación |
Vacante |
Denominación |
Grupo/subgrupo |
Escala/subescala/clase |
Nivel |
Quenda |
1 |
1 |
Xefe de equipo |
Asimilado C2 |
Administración especial |
17 |
Promoción interna |
2 |
2 |
Oficiais de |
Asimilado C2 |
Administración especial |
17 |
Promoción interna |
O que se fai público para xeral coñecemento. Advírtese aos interesados de que contra o dito acordo poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que poderá entenderse desestimado por silencio administrativo.
O Rosal, 13 de febreiro de 2023
Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa