Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

EDICTO de aprobación inicial do estudo de detalle para ordenación de parcela en conxunto edificatorio no lugar da Regueira, Caamouco.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do día 27 de febreiro de 2023 aprobouse inicialmente o seguinte estudo de detalle:

Tipo de instrumento:

Estudo de detalle

Ámbito:

Parcela lugar da Regueira-Caamouco

Instrumento que desenvolve:

Plan xeral de ordenación municipal de Ares

Obxecto:

Ordenar volumes

Clasificación do solo:

Solo urbano

Cualificación do solo:

Ordenanza 6, edificación extensiva, grao C

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia en nun xornal dos de maior difusión na provincia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (enderezo https://concellodeares.com).

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Parcela catastral 2491008NJ6029S0001LP

Licenza de parcelamento de terreos, edificación e demolición

A duración da suspensión terá unha duración máxima de dous anos. Este prazo interromperase, con levantamento da suspensión, se transcorrido un ano non se somete a exposición pública a proposta de plan.

Se, transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Ares, 1 de marzo de 2023

Julio I. Iglesias Redondo
Alcalde