Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A, BS650G e BS650F.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por practicadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 10 de febreiro de 2023

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00118-I/19

36063941X

Suspensión 16.12.2022

36/00426-I/21

Y1508229H

Suspensión 23.11.2022

36/00092-I/22

77411605E

Declaración de caducidade e arquivamento 5.12.2022

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00870-X/19

51584357A

Extinción 21.11.2022

36/00117-X/22

36016889Q

Declaración de caducidade e arquivamento 5.12.2022

ANEXO III

Procedemento BS650F

Núm. expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00382-X/21

36012536X

Denegación 13.9.2022