De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018 no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderase facer efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023
Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
Sanc. 13-03-22-05 4ª-VILL-2-21-03 Gardapeiraos |
35452456A |
Amarre sen autorización. 21.6.2022; 11.45 horas; Vilaxoán (Pontevedra) |
Artigo 131.b) e p) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) en relación co artigo 78.14 do Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976 |
Artigo 137 da LPG |
300 € |