Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual da normativa urbanística do Plan parcial SUD-11 (expediente 2022/PLANEAM/000015-FG número 702).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2023000702, do 9 de febreiro de 2023, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual da normativa urbanística do Plan parcial SUD-11 Dorneda-Campo de Golf para a incorporación de usos permitidos e compatibles dentro do uso global terciario (Documento R.E. nº 2023001127, do 24.1.2023).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo de dous meses, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Así mesmo, o documento aprobado inicialmente pode consultarse na páxina web do Concello:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-interior-seguridade-m-ambiente-facenda-urbanismo/urbanismo/tramites-de-informacion-publica

Oleiros, 27 de febreiro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente