Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2023/226190.

Data: 22.1.2023.

Solicitante: María Elena Prado Lorenzo.

Especie: Platanus x hispanica; Mill. ex Münchh., 1770.

Localidade: Podentes.

Concello: A Bola.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2023/487417.

Data: 12.2.2023.

Solicitante: Asociación cultural Os Penoucos.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Os Martores.

Concello: Valga.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, avenida da Habana, 79, 5º, 32071 Ourense.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural