Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonóma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o devandito rexistro.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2023

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial do expediente

DNI/NIE

73894

36146256W

87057

53187575Y

87322

39456457A

90139

X58887939P

91850

53185822R

92130

53183821R

92701

36150182R

92964

44490871Q

92965

Y7490961J

93016

36110464G

97116

36157936G

105606

35577951X

105632

47835701W

105725

35484546P

105742

36126201D

105794

46897979J

105798

46097343F

105805

Y7420166N

105811

77410755T

105831

78156878A

105908

77479909Q

105941

35578197A

106027

44466370X