Faise pública a Resolución de Alcaldía núm. 2023-0133, que aproba a oferta de emprego público do Concello de Salceda de Caselas e que dispón o seguinte:
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén o seguinte posto de traballo:
Persoal funcionario
Nº vacantes |
Denominación |
Escala |
Subscala |
Clase |
Sistema de acceso |
1 |
Garda de policía local |
Admón. especial |
Servizos especiais |
Policía local |
Quenda libre |
Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://salcedadecaselas.sedelectronica.gal) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.
Salceda de Caselas, 8 de febrero de 2023
Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa