Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/28/2020-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos interesados con documento nacional de identidade número 33338765N e 33540927G, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/28/2020-RP1, en relación coas obras consistentes na execución dunha edificación inacabada de tres plantas, con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar Ouzás, no termo municipal de Guitiriz, provincia de Lugo.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística