Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/17/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento ao interesado con documento nacional de identidade 34993224N, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/17/2019-RP1, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de tipoloxía de nave e vigas de sección dobre T, apoiada sobre unha soleira de formigón, que se levan a cabo no lugar do Cruceiro, no termo municipal de San Amaro, provincia de Ourense.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística