En sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, por promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.5 da convocatoria.
Segundo. De acordo co disposto na base II.5 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O formulario de reclamación estará ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública, deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria e deberá especificar a alínea ou alíneas da base II.2 sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023
Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal
ANEXO
Quenda promoción interna
NIF |
Nome |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Antigüidade |
Cursos |
Galego |
Parto |
Rede |
Exc. |
Conc. |
Total |
***1192** |
María Fernanda |
Amigo |
Barcia |
30,00 |
6,00 |
3,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
39,00 |
***3149** |
María Teresa |
Delgado |
Calvo |
26,00 |
5,60 |
3,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
34,60 |
***1570** |
Juan Carlos |
Mourelle |
Ferreiro |
13,60 |
0,20 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
13,80 |
***0041** |
Laura Carmen |
Periago |
Rodríguez |
30,00 |
2,48 |
3,00 |
0,20 |
0,00 |
0,00 |
0,20 |
35,68 |