Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican aos interesados/as as resolucións de cambio de titularidade da zona de concentración parcelaria de Saiar (Caldas de Reis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar, Pontevedra, teléfono 886 20 66 43), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MACT_06

76843122F

Resolución de cambio de titularidade

MACT_09

35453319S

Resolución de cambio de titularidade

MACT_12

76864744D

Resolución de cambio de titularidade

MACT_30

34345390W

Resolución de cambio de titularidade

MACT_OFI_01

34345390W

Resolución de cambio de titularidade