Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2022/244-1).

Expediente: IN407A 2022/244-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: sub. 132 kV Sada, ampliación de potencia T2, 132/15 kV 30 MVA.

Concello: Sada.

Feitos:

1. O día 24.8.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a instalación e a calidade da subministración eléctrica. UFD Distribución Electricidad, S.A. proxecta o aumento de potencia dun dos transformadores existentes na subestación Sada, no concello de Sada, substituíndo o transformador T-II de 20 MVA (IN407A 02/275) por un de 30 MVA.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado sub. 132 kV Sada, ampliación de potencia T2, 132/15 kV 30 MVA, asinado por María Isabel López Ferrer, enxeñeira industrial, núm. de colexiada 17.566 de Madrid, o 1.6.2022 con nº de visado 202202036 do 3.6.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. No trámite de información a outras administracións públicas non se solicitou o preceptivo informe a ningunha Administración, organismo ou, de ser o caso, empresa de servizo público ou de servizo de interese xeral afectadas, xa que a empresa promotora non achegou ningunha separata.

4. Con data do 3.2.2023, foi emitido o preceptivo informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

A subestación dispón dun transformador de servizos auxiliares e de dous transformadores trifásicos de potencia en dúas bancadas coas seguintes características:

a) Trafo T-I: transformador trifásico de relación de transformación 132/15 kV e 30 MVA de potencia, montado en intemperie.

b) Trafo T-II: transformador trifásico de relación de transformación 132/15 kV e 20 MVA de potencia, montado en intemperie.

c) Trafo de SS.AA. 15/0,38 kV de 50 kVA.

Proxéctase a substitución do trafo T-II de 20 MVA por un de 30 MVA de potencia con grupo de conexión YNd11. A conexión entre o trafo e a cela de protección do primario do transformador (132 kV) realizarase mediante conexión blindada existente. Na conexión entre as bornas do transformador de 132 kV e a conexión blindada reutilizarase o cable espido existente. A conexión entre o trafo e a cela de protección do secundario do transformador (15 kV) realizarase mediante unha dobre terna de cable illado RHZ1-2OL (S) 12/20 kV Cu (1×630 mm2) + H16, provisto de bornas enchufables no lado do trafo e de terminais flexibles de interior no lado da cela. A conexión do neutro no lado AT realizarase mediante unha terna de cable illado RHZ1- 2OL (S) 12/20 kV Al (1×240 mm2) + H16, provisto de terminal flexible de exterior no lado do trafo.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña