Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «Cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de interruptor TC en apoio número 54 da LMTA SRS803, na Casa do Concello de Baños de Molgas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, para o cal exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 17 de febreiro de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas,
de domicilio ignorado ou non notificadas
Nº de expediente: IN407A 2022/37-3.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Concello: Baños de Molgas.
Denominación: instalación de interruptor TC en apoio número 54 da LMTA SRS803.
Predio núm. |
Lugar |
Titular |
Incidencia |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
1 |
Auga Ferra |
Herdeiros de Verísimo Bedeiredo Puente |
Enderezo descoñecido |
Casa do Concello de Baños de Molgas |
8.5.2023 |
11.00 |