Mediante a Orde do 15 de novembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 237, do 15 de decembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada por Orde desta consellería do 15 de novembro de 2022.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
Apelidos e nome: Cardona Constenla, Mónica.
DNI: ***6655**.
Grupo: C2.
Posto de traballo: secretario/a do/da director/a xeral.
Código do posto: PR.O20.00.000.36170.001.
Nivel: 18.
Centro directivo: Academia Galega de Seguridade Pública.
Localidade: A Estrada.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.