Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16048

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.

Por este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a continuación se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Lugar

Propietario

1085502NH2018N0001SK

O Noval, s/n, Leiro, Ribadumia

Hrdos. de Carmen Martínez Cores

36046E504005570001TX

O Noval, 32, Leiro, Ribadumia

Hrdos. de Carmen Rodríguez Mouriño

9658503NH1095N0001PP

Rúa Gándara de Ribadumia, 18, Ribadumia

Julia Castro Leal

36046F504050090000ZT

Rúa Mimosas, 31, Barrantes, Ribadumia

Cebn Proyectos y Construcciones, S.L.U.

36046F503003930000ZU

Agro-Barrantes

Manuel Leal Prado

En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación comezarase a computar no prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obrigación da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia, sitas na avenida de Ribadumia, 3, Ribadumia, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados.

Ribadumia, 7 de febreiro de 2023

David José Castro Mougán
Alcalde