Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense (expediente IN407A 2021/149-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA PRS806 entre apoios 55-48-4 e 55-48-9, no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/149-3), correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das personas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitar cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As personas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2021/149-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA PRS806 entre apoios 55-48-4 e 55-48-9.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data da ocupación

1

A Rasa

32053A080000690000IA

Antonio Quevedo González
Dolores Quevedo González

Enderezo descoñecido

22.11.2022