Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de elaboración do proxecto e execución da obra de colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Foz. Foz (Lugo) (expediente OH.327.661).

missing image file

Fondo Europeo de

Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento) e 45232420-2 (construción de planta depuradora de augas residuais).

4. Código NUTS do emprazamento principal do servizo: ES112 Foz (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: elaboración do proxecto e execución da obra de colectores xerais e nova estación depuradora de augas residuais de Foz. Foz (Lugo). Clave do expediente: OH.327.661.

Os traballos obxecto deste contrato inclúen a redacción do proxecto construtivo e, de acordo co dito documento técnico, a construción da infraestrutura hidráulica proxectada, que comprende a súa posta en marcha.

Esta obra prevé a execución das actuacións necesarias para a execución dos colectores e da nova estación depuradora de augas residuais de Foz, así como a demolición da estación depuradora de augas residuais actual. A nova estación depuradora de augas residuais estará deseñada para dar un tratamento axeitado ás augas residuais xeradas pola poboación permanente e estacional de Foz e determina un punto de vertedura das augas tratadas fóra da ría de Foz.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 10.103.814,00 euros. Importe total: 12.225.614,94 euros.

8. Valor estimado do contrato: 10.103.814,00 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 33 meses, dos cales corresponden a:

– Prazo de elaboración do proxecto construtivo: 3 meses.

– Prazo de execución da obra e posta en marcha: 30 meses, dos cales 18 meses corresponden á execución da obra e 12 meses a súa posta en marcha.

10. Criterios de adxudicación

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), proxecto de licitación (ponderación 27 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 4 %), programa de construción da obra (ponderación 3 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 3 %) e memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 3 de agosto de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 6.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 13 de setembro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Espina y Delfín, S.L. & Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L. Unión Temporal de Empresas.

14.2. NIF: U72445158.

14.3. Enderezo: Costa do Castro 1, portal 1, entreplanta A, 27780 Foz (Lugo).

14.4. Código NUTS: 112.

14.5. Correo electrónico: rocio@ccjosesaa.com

14.6. Fax: 982 13 31 01.

14.7. Teléfono: 982 13 30 08.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L.).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 9.871.426,00 euros. Importe total: 11.944.425,46 euros.

16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; ebxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Foz».

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: anuncio de licitación no DOUE nº 2021/S246-648771, do 20 de decembro de 2021, e unha modificación do anuncio de licitación, no DOUE nº 2021/S251-665876, do 27 de decembro de 2021.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de decembro de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de decembro de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 20 de decembro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 3 de agosto de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 14 de setembro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de setembro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 20 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia