Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15817

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24.

Co obxecto de dar continuidade ao proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2023/24,

DISPOÑO:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2023/24.

Segundo. Que o prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán presentar a solicitude mediante o procedemento establecido no punto noveno.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa