Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 306/2022, seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A organización sindical Docentes de Canarias-Insucan interpuxo recurso contencioso-administrativo contra o Decreto 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, do persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. O citado recurso contencioso-administrativo tramítase como procedemento ordinario 306/2022 na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en cumprimento do sinalado no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación aos eventuais interesados.

As persoas que puidesen resultar interesadas poden comparecer e presentarse no proceso xudicial indicado na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (praza de Galicia, s/n, na cidade da Coruña), no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos