Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de febreiro de 2023, da Zona Centro, polo que se procede á apertura de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos número 20 novo, número 60 novo e número 63 novo, no dominio público portuario de Rianxo.

Quedando dispoñibles no porto de Rianxo os departamentos número 20 novo, número 60 novo e número 63 novo, no dominio público portuario de Rianxo, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria pero, en todo caso, deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, e empregarase o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido, e que en caso contrario non será admitida, e deberase emendar a súa presentación tomándose como data de presentación a da emenda, co risco no caso de trámites sometidos a prazos excluíntes de que perdan o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 14 de febreiro de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro