Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inclúen no Censo do patrimonio cultural de Galicia varias embarcacións tradicionais.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 55084, no parágrafo primeiro, na táboa onde se enumeran as embarcacións, na denominada Jatiña, na columna identificada como Localización do seu porto habitual, onde di: «Ribeira», debe dicir: «Portonovo-Sanxenxo».

– Na páxina 55084, no parágrafo primeiro, na táboa onde se enumeran as embarcacións, na denominada Praia da Panadeira, na columna identificada como Localización do seu porto habitual, onde di: «Vilagarcía de Arousa», debe dicir: «Portonovo-Sanxenxo».

– Na páxina 55084 no parágrafo primeiro, na táboa onde se enumeran as embarcacións, na denominada Surfeira, na columna identificada como Localización do seu porto habitual, onde di: «Ribeira», debe dicir: «Portonovo-Sanxenxo».