Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador CAZ-PO-0042/2022 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, tentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2023

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado

CAZ-PO-0042/2022

44090744C

Proposta

Pola instrutora

CAZ-PO-0060/2022

77465768C

Resolución

Polo xefe territorial