Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15652

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 23 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

BDNS (Identif.): 671817.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o artigo 21 no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que finalizará o 27 de marzo de 2023.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural